miércoles, 21 de diciembre de 2011

Poboacións da Galiza

Este apartado pondranse fotos de distintos tipos de núcleos de poboacións de todo o territorio galego, destacando os núcleos máis abandoados e tradicionais.




O núcleo de Barciela e un dos mellores exemplos da tradicional aldea galega . Barciela pertence a parroquia de Castrelo en Forcarei (Pontevedra), nela conservanse os restos medievais da torre da Alarma.

A vila de Corcubión asentase bañada pola ría do seu nome na bisbarra de Fisterra. É o concello menos extenso da provincia da Coruña, ten 1.822 habitantes e foi declarada Conxunto Historico-Artístico no ano 1985.

A aldea de Vilar atopase a 600 metros de altitude rodeada dun souto de castañeiros centenários o pé dun profundo val do río Lor en plena Serra do Courel. Pertence o concello de Folgoso do Courel e só ten un único habitante vivindo todo o ano, que conserva a fermosa aldea moi pintoresco como se dun museo se tratase. Nas súas inmediacións se atopa o Castro de Vilar.

Antiga Gallaecia: O Castromao

O Castromao e un antigo asentamento fortificado da Idade de Ferro, e decir, un castro. Atopase a 738 metros de altitude na parroquia do mesmo nome no concello de Celanova, Ourense.
Ten unha extensión de algo máis de 2 Ha e foi a capital da antiga tribu preromana dos Coholerni, polo que tamén chamouse Coholernibriga.

Data do IV a.C polo que é un dos castros máis antigos conservados da Galiza, aínda que atoparonse vasixas do VII a.C polo que pode ser un século máis antigo, e decir que poidera ser primitivamente construido con materiais perecedoiros e logo en pedra. En canto o seu abandono se estima que foi acabado de abandoar no século III d.C.
Dende el podese divisar toda a bisbarra de Celanova, polo que esta situado nun importante punto estratéxico. Dentro do poboado domina a vivenda circular, aínda que tamén abunda a cadricular como un gran recinto rectangular con tres divisións, que posiblemente serviria de alpendre ou cortes para o gando. Destacar que a maioria das vivendas non posúen porta nas estructuras que se conservan. Tamén hai algunhas vivendas agrupadas en barrios familiares posuíndo vestibulos antes da entrada.
Nas excavacións do poboado atoparonse cerámicas de distintas épocas, asi como obras talladas na pedra como unha escultura dun individuo agrrando algo. Atopouse tamén un trisquel de grandes dimensións tallado, do que hai a hipótese de que podia ser a venta dunha vivenda. Como curiosidade apareron o parecer restos de crustaceos mariños no poboado, o que quere decir que o castro debia ter un importante comerzo na época.
Este poboado era a capital da tribu dos Coholernos, e destaca e ten gran importanza no mundo castrexo o descubrimento nel da taboa "Tessera Hospitales", taboa escrita en latín que data do século I. Nela pon o parecer un pacto de hospitalidade entre os Coholerni e as tropas romanas da Cohors I Celtiberum, que se asentaban no campamento militar romano de Aquis Querquennis, na parroquia de Os Baños no concello de Bande, non moi lonxe do poboado.
Tamén polas cercanias do castro pasaba a antiga vía romana XVIII (A Vía Nova), que unia as capitais xurídicas romanas de Bracara Augusta (Braga) e Astúrica Augusta (Astorga).

Galiza nostálxica

Nesta sección expondranse fotos da Galiza antiga coas primeiras fotografias a galegos.


Mariñeiros con cestas de ostras no porto de Bueu (Pontevedra)

Segadores galedos en Castela en xullo do 1904

Mulleres recolectoras e nenos no porto de Vilaxoán, Vilagarcia.

Afiadores na Praza dos Ferreiros en Pontevedra.

Galiza destruída: A Lagoa de Antela

A Lagoa de Antela foi un dos maiores humedais da Península Ibérica situada na bisbarra da Limia. Tiña un tamaño de 7 km de longo por 6 km de ancho dependendo da época do ano, súa profundidade media case non pasaba dos 0,5 metros e apenas chegaba os 3 metros nos sitios máis profundos.

A lagoa bañaba os concellos de Sandiás, Porqueira, Xunqueira de Ambia, Sarreus, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Rairíz de Veiga e Xinzo de Limia, na cal sae na foto de arriba a vila coa lagoa de fondo.
Foi coñecida tamén co nome de Lagoa Beón, o parecer saido da palabra "bión" que era un funco que se usaba para o berce do gando. O nome de Antela posibemente veña de "anta", polo que na zona antigamente debia haber unha gran cantidade de mámoas. Añadir que na zona tamén existen fermosas lendas da lagoa, coma a da cidade de Antioquia, sumerxida baixo a lagoa por un castigo.
No ano 1956 en pleno franquismo, Franco da manda desecar a lagoa para terras de cultivo, facendo asi un dos maiores atentados biolóxicos da historia da Galiza. Como son as cousas que durante o franquismo Galiza enchouse de lagoas artificiais en formas de encoros e pola contra, secouse a maior lagoa natural que tiña...
Xa había indicios anteriores o comezo das obras de Franco no 1958 de intento de desecar a lagoa, pois o emperador romano Adriano o parecer mandara construir un gran canle para aprobetar a lagoa para regadios, pero voltando a súa forma natural co paso dos séculos.
Tamén derrubouse nos anos setenta a Ponte de Liñares polo "efecto retención" da augas coas enchentes das choivas. Esta ponte era romana con trazos medievais e pasaba por ela a antiga vía romana "Vía Nova". A ponte desapareceu pola mala política e obras feitas na desacación da lagoa, co único proposito dun progreso dos cartos e non para o ben da Limia.

Despois da desecación parcelouse o terreo que antigamente fora a lagoa, deixando só desta un canle central para regadios. Na súa antiga parte sur instalaronse tamén empresas de extración de areas, desaparecendo asi o que fora a maior lagoa da Galiza e das maiores da Península Ibérica.
Pero sorprendentemente coas intensas choivas como no 2001 e 2010, a lagoa resurxiu a case seu estado natural do século pasado voltando a humedecer as terras, igual pasoulle o mesmo os romanos en tempos pasados, pois o que se enterra vivo normalmente volta a resurxir.

Cultura e tradicións: O Carro de Bois

Neste apartado tratarase diferentes costumes e tradicións galegas, e decir, a cultura do pobo galego. O primeiro artigo vai dedicado o "carro de bois".

O carro de bois e un medio de transporte tradicional dos galegos, dende tempo inmemorial ate os nosos días carros tirdos na súa maioria por bois recorreron e aínda recorren os camiños e estradas galegas.
Este medio de transporte non só se usaba para transportar bens materiais, seón que tamén propias persoas. Nestas dúas fotos podese ver bastante ben conservado un tradicional carro de un eixo fotografiado en Triacastela, Lugo.
Na actualidade os carros pasaron de ser usados en moitos dos casos para outras cousas aparte de medio de transporte, pois podense ver nos xardíns e prazas adornando, tamén en casas do rural facendo outras funcións ou abandoados, ou mesmo facer de mesa de venda tradicional como na foto de abaixo na aldea de Vilar no Courel, onde sobre el pousan botellas de licores e meles do lugar.
Mesmo atopense onde se atopen os carros actuais, para os galegos "o carro" sempre sera un medio de transporte popular e tradicional, pois foron moitisimos séculos que votaron acarrexando recuros e bens polos camiños das nosas parroquias, vilas e mesmo cidades, como se ve na foto de abaixo dous carros na Praza Maior de Ponteareas o principios do século pasado. Seguramente nosos avós na súa xuventude estarian aburridos de ver carros iguais pasar por diante seus ollos.

Música: Cantiga das Encrobas (1977) Fuxan os ventos

Natureza do páis dos mil ríos

Este pequeno apartado contera artigos e fotografias de natureza (fauna e flora) que vou atopando, aqui vos vai unha pequena reportaxe de fauna variada que fun fotografiando pola nosa xeografía.


Cabalos galaicos pastando na ruta dos muiños do Folón e Picón, en Martin, O Rosal (Pontevedra)

Xavaril recen cazado na parroquia de Augas Santas, no concello de Allariz, Ourense.

Parrulos na ribeira do Río Sarria en Samos, Lugo.

Vacas da raza Rubia Galega pastando nun prado da parroquia de Touton no concello de Mondariz, Pontevedra.

Galiza das mil maravillas: O ferreiro de Boborás

Este apartado vai dedicado a aquelas cousas que só podense atopar na nosa terra, sobre todo a ese empeño que temos os galegos en crear ou inventar aveces por necesidade, outras por ocio ou traballo rarezas e mesmo obras de arte que fan que os que visiten nosa terra queden abraiados. Pois esta sección do blogue vai dedicada para tod@s aqueles que fan que nosa terra cada día sexa máis máxica.
Estas auténticas obras de arte atopanse na parroquia de Fondevila, no concello de Boborás (Ourense). Tratase dun ferreiro que expón na porta da súa casa seus deseños e traballos.
Indo pola estrada e imposile non quedar abraiado cando se ve o peculiar helicóptero que ten na porta da casa, facendo que a parada sexa obligatoria para observalo.
Combersando con un veciño da zona falou que o helicóptero no seu tempo funcionaba e mesmo elevabase uns metros do chán, polo que o espectaculo tiña que ser moi grande.
Aparte do helicóptero este ferreiro de profesión ten a vista outros traballos, como un singular reloxo solar, unha grúa decorada con unha báscula na punta e mesmo unha estatua de ferro de un ferreiro martelando nuha bigorna.

Paisaxes: A Serra do Galleiro

A Serra do Galleiro situase no sur-oeste da Galiza, facendo escalón entre a Ría de Vigo e o Val do Tea. Ten uns dez kilómetros de extensión de norte a sur, e fai de fronteira natural entre os concellos de Ponteareas (este), Mos (oeste) e Pazos de Borben (norte). O mesmo tempo entre as bisbarras de Vigo e O Condado.

Súa máxima cota de altitude atopase no cumio do Coto de Cales con 742 m, tamén coñecido como O Galleiro. Este cumio atopase entre as parroquias de Padróns e Nespereira e podemolo ver na foto de arriba en pleno verán.
O segundo cumio máis alto da serra e O Salgueirón, o cal vemos na foto superior con 630 m de altura entre as parroquias de Ribadetea e Louredo. Dende estes cumios hai unhas espectaculares vistas a Ría de Vigo e as Illas Cies, o igual outra cara o Val do Tea e a totalidade da bisbarra do O Condado ata terras portuguesas.
A Serra do Galleiro entre outras cousas fai frear naturalmente borrascas e neboas atlánticas cara o interior, facendo que en moi pouco espazo existan dous climas a cada lado da montaña diferenciados.
No ano 2005 estes montes foron arrasados por un gran incendio forestal, perdendo asi gran parte da súa fermosura e natureza. A día de hoxe aínda se esta recuperando da traxedia sufrida, mesmo asi as canteiras, o abandono e a repoboación dos montes facendose de forma máis ben negocio e non natural, fai que sexa normal ver polas súas ladeiras gran cantidade de montes de eucalipto e toxais, unha magoa.
Outra gran riqueza que esconde esta cadea montañosa son os restos arqueolóxicos, sin ser practicamente nunca explorada aparecen mámoas, como a fermosa do Marco que se pode ver na foto de abaixo. Tamén posué petroglifos nas súas faldas e moitisimo refuxios, algúns naturais e outros traballados por homes de outros tempos.

Presentación

Benvidos o novo blogue adicado a Galiza, onde se mostraran paisaxes, tradicións, fotos antigas, patrimonio, música e demáis articulos relacionados coa nosa terra. O autor, creador tamén dos blogues Ponteareas Historia Viva e Galiza Misteriosa, publicara artigos escritos e fotográficos das súas viaxes polo páis galego asi como tamén amosara súa protesta contra atentados e destrucción da nosa xeografía e patrimonio.
Espero que disfrutedes e gostedes deste traballo feito dende a humildade e o esforzo, agradecendo o gran de area posto dende a mínima información facilitada por tod@s aqueles que axudan e fan máis doados que este tipo de traballos saián adiante.

Un cordial saudo.