jueves, 10 de enero de 2013

Antiga Gallaecia: Campo Lameiro paraíso dos petróglifos.



Cando un chega o concello de Campo Lameiro (Pontevedra) pode observar un cartel que pon “Campo Lameiro capital da arte rupestre”. A verdade cando un se introduce e ve a cantidade de estacións de arte rupestre que hai esparcidas por todo o concello, dáse un conta que pode ser un nome merecido.

As distintas estacións do concello en conxunto forman unha das maiores concentracións de petróglifos non só da Península Ibérica, senón de Europa. Na estación de Paredes atopase o centro de interpretación, o que foi inaugurado 2011 sendo o primeiro parque arqueolóxico da Galiza. Alí, en Paredes podemos atopar os máis acondicionados e mellor conservados. 

No parque de Paredes podemos atopar case todo tipo de petróglifos (circulares, representacións humanas, animais, armas) destacando representacións de cérvidos moi ben conservadas e de gran tamaño. Tamén no parque recreouse un poboado da Idade de Bronce de fai entorno 5000-4000 anos, que nos mostra máis ou menos como puideron vivir as persoas que debuxaron nestas laxas.
Tamén polo restos do concello temos espallados máis estacións e zonas de petróglifos aparte da de Paredes, como pode ser en Matabois, Pantrigo, Parada e San Isidro, As Fragas/Fentáns e Caneda.

Zona de Petróglifos en Matabois.
Petróglifos e Pantrigo.

Destacar aparte no propio concello o Castro de Penealba, dos máis antigos da Galiza onde tamén conserva un petróglifo de gran tamaño que representa unha gran serpe.