Mostrando entradas con la etiqueta Poboacións da Galiza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poboacións da Galiza. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de marzo de 2013

Poboacións da Galiza

Vista a Laxe e seu fermoso entorno na Costa da Morte, A coruña
O pobo de Cortegada (Ourense) atopase no boscoso val do río Miño, que fai de fronteira natural coa provincia de Pontevedra.
Nas terras máis altas da Galiza, sobre o encoro de Prada vista a poboación da Veiga de Valdeorras, Ourense.
Tradicional aldea de Seceda, no concello do Cualedro, Ourense.

martes, 15 de mayo de 2012

Poboacións da Galiza





Sobre liñas fotos do pobo medieval de Santa Mariña de Augas Santas, no concello de Allariz (Ourense). Esta pequena aldea ten un  importante patrimonio histórico e relixioso, sendo un antigo lugar de culto pagán castrexo e culto cristián con presenza templaria. Conserva aínda un pintoresco núcleo urbán.
Asentado sobre as augas do rio Ulla no seu tramo final, Pontecesures (Pontevedra) e a capital do seu pequeno propio concello que conta con máis de 3.000 habitantes. Súa enclave na fronteira natural entre as provincias de Pontevedra e a Coruña asi como súa cercania as cidades de Pontevedra e Santiago fixo que seus redores prosperaran industrialmente.
A pequena aldea de Sabuguido atopase rodeada dunhas fermosas paisaxes moi preto do parque natural do Invernadoiro. Esta situada os pés do val do río Conso e as espaldas altos cumes do Macizo de San Mamede, pertencendo o concello de Vilariño de Conso, na bisbarra de Viana, Ourense.
 O núcleo urbán de Sarria atopase na zona sur-central da provincia de Lugo, a camiño entre a chaira do Miño e as montañas orientais lucenses.  Este núcleo conta con máis de 9.000 habitantes dos 13.350 que ten o concello, sendo asi unha das principais poboacións da provincia e do interior galego, ademáis de ser tamén o centro industrial e de servizos da súa bisbarra (que ten seu nome) e redores.
Panorámica dende o famoso monte de Santa Tegra, onde se atopa uns dos maiores e máis famosos asentamentos da cultura castrexa. Abaixo podemos ver a liña do océano Atlántico coa costa e o núcleo do pobo mariñeiro da Guarda (Pontevedra), concello o cal pertence o monte e onde desemboca o río Miño.




martes, 31 de enero de 2012

Poboacións da Galiza: Concello de Fornelos de Montes

Fornelos de Montes e un concello situado na parte máis oriental da bisbarra de Vigo, aínda que en paisaxes e forma de vida ten pouco que ver con esta. O concello conta con pouco máis de 2.000 habitantes e fai fronteira na súa parte oriental coa provincia de Ourense.
Destaca pola seu relevo, tendo no seus limites o pico máis alto da Serra do Suido, Coto de Puza con 1.024 metros, e destacando tamén a Coto de Eira con case 1.000 metros. Na foto de arriba podemos ver parte da xeografía do concello na parte da ribeira do rio Oitevén, onde saén varios núcleos de poboación.
Destaca asi tamén as terras de ribeira onde se atopa o encoro de Eiras, que suministra gran parte da auga da zona de Vigo. Nas ribeiras do Oitavén conservanse aínda importantes bosques autóctonos. Nela atopamos aldeas como a de Oitavén na foto superior, ou a mesma capital do concello, Fornelos de montes (nas dúas fotos seguintes).

Na parte oriental do concello e a máis montañosa, destaca na zona da parroquia da A Laxe por ter a maior pluviosidade da Galiza e mesmo do estado español, e decir, que onde máis litros chove por metro cadrado. Na foto de abaixo vemos o fondo A Laxe cos montes da Serra do Suido e máis inmediata a parroquia de Estaca.
Esta zona do concello caracterízase máis polos pastos e polo gando, como se pode ver na foto de abaixo nun recuncho da aldea de Estacas.
Metendonos máis cara a zona dos montes da Coto de Eira topamonos con fermosos paraxes metidos entre os pequenos núcleos de poboación, asi tamén importante antigo partimonio como os foxos do lobo da zona.
Na foto superior vemos pequeno núcleo rodeado de pastos de Freaza. Abaixo casas de San Mauro.
No paso dos montes da Coto de Eira cara as zonas a ribeira do Oitavén nos topamos coa parroquia de Traspielas, a cal destaca polo seus pastos e gando vacún e cabalar. Vemos un exemplo deste na foto inferior.

miércoles, 4 de enero de 2012

Poboacións da Galiza



Na imaxe superior podemos ver as transitadas rúas de Triacastela, vila pola cal transcurre o camiño de Santiago e pasan centos de peregrinos o ano. Seu nome deriba que antigamente tivo tres castelos, esta fermosa vila atopase na bisbarra de Sarria na provincia de Lugo, e nela viven algo menos de 800 habitantes.
Imaxe da antiga e monumental Baiona, os pes do fin da ría de Vigo. No ano 1493 esta vila foi a primeira da Europa en recibir o descubriomento de América o atracar nela a carabela A Pinta, cun importante pasado a día de hoxe destaca polo turismo.

A vila de Taboadela e o principal núcleo do concello co mesmo nome, atopase no interior da provincia de Ourense na depresión Allariz-Maceda. conta con pouco máis de 1.500 habitantes.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Poboacións da Galiza

Este apartado pondranse fotos de distintos tipos de núcleos de poboacións de todo o territorio galego, destacando os núcleos máis abandoados e tradicionais.




O núcleo de Barciela e un dos mellores exemplos da tradicional aldea galega . Barciela pertence a parroquia de Castrelo en Forcarei (Pontevedra), nela conservanse os restos medievais da torre da Alarma.

A vila de Corcubión asentase bañada pola ría do seu nome na bisbarra de Fisterra. É o concello menos extenso da provincia da Coruña, ten 1.822 habitantes e foi declarada Conxunto Historico-Artístico no ano 1985.

A aldea de Vilar atopase a 600 metros de altitude rodeada dun souto de castañeiros centenários o pé dun profundo val do río Lor en plena Serra do Courel. Pertence o concello de Folgoso do Courel e só ten un único habitante vivindo todo o ano, que conserva a fermosa aldea moi pintoresco como se dun museo se tratase. Nas súas inmediacións se atopa o Castro de Vilar.