jueves, 7 de junio de 2012

Paisaxes, a Serra do Xurés


Situados no sur centro da Galiza, na bisbarra de A Baixa Limia na provincia de Ourense, erguese un dos macizos montañosos máis fermosos característicos do pais, a Serra do Xurés. Atravesada polo río Limia e lindando o sur con Portugal e irmán das serras portuguesas do Gerês e a Peneda, coas que forma o mesmo macizo pero separado polas fronteiras políticas.
No ano 1.993 foi nomeada parque natural xunto con cinco concellos portugueses creando así o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés do lado galego e Parque Natural Peneda-Gerês do lado de Portugal.
Este espazo con paisaxe montañosa e correntes fluviais, destaca no xeolóxico os montes graníticos, que xunto cos vales e encaixamentos dos ríos Limia e afluentes como o río Caldo, os cales nalgúns tramos irrompen nas abruptas montañas en forma de fervenzas e pozas, converten esta paraxe nunha das máis fermosas da Galiza. Importante tamén saber que nestas serras atópanse os circos glaciares a menor altura da Península. Estas características fixo que no ano 2.009 o parque fora nomeado Reserva da Biosfera pola UNESCO.
Na súa xeografía destacan picos e montes como Outeiro de Quíntano (1.169 m), Cruz do Touro (1.231 m), Coto de Fonte Fría (1.454 m) e o máis alto, o Pico da Nevosa con 1.539 m, todos graníticos. En canto as correntes fluviais aparte do Limia, destaca o río Caldo, o cal como di seu nome ten propiedades e afamadas augas termais as cales xa coñecíano os romanos. Tamén mencionar o salto ou cascada do Corgo da Fecha, o cal e o máis longo da Galiza con case un Km que irrompe nas montañas.

Dentro da flora hai amplas zonas de matogueira e bosques caducifolios, onde hai presenza de cerquiño, bidueiros e sobreiras, ademais de érbedo e acivro nas zonas máis altas.
En canto a fauna, no campo dos réptiles e anfibios nomear á pínteaga rabilonga, a lagartixa ibérica e a culebra viperina. Nas aves tamén podemos nomear o hábitat do mergullón pequeno, o lavanco e tartaraña cincenta, aparte das rapaces como a aguia real, falcón pequeno, azor, gabián, aguia cobreira, lagarteiro, cuco, peto real e cirio común. Nos mamíferos mencionar o lobo, musgaño común, londra, gato montes e donicela, aparte dos máis comúns como xabarís, corzos, paspallás ou lebres. Por último nas zonas fluviais unha importante presenza de troita.

Outra característica destes lares que o fan aparte un sitio máxico e cheo de lendas, e a importante abundancia de patrimonio histórico e arqueoloxía. Así temos unha importante presenza do megalismo con mámoas e antas como a de Maus de Salas ou a casa da Moura, situada na chaira do alto das Sete Laceiras, no concello de Entrimo.Tamén hai presenza castrexa pero sen atoparse escavados ningún.
Pero unha das cousas polas que e recoñecida estas terras e pola gran e importante pegada que deixaron os romanos, pois pola zona pasaba a antiga calzada Vía XVIII a cal unía as importantes cidades de Bracara Augusta (Braga) con Astúrica Augusta (Astorga), a calzada era coñecida tamén como Vía Nova, nome que sae en varios gravados do percorrido. Destaca a conservación de moitos tramos da calzada empedrada, así como miliarios como a véntena de Portela do Home (miliarios eran como sinais da época para marcar as distanza). En relación coa vía antiga nomear os restos da "masio" dos Baños do río Caldo, tratase de unha antiga pousada romana da vía aproveitou as calidades termais do río Caldo para facer unhas termas, os seus restos aínda se atopan en bastante bo estado de conservación.

Todas estas atribucións paisaxísticas, patrimoniais e naturais fan que o Xurés  goce na actualidade dun gran atractivo no sector do turismo. Destacando entre outros a vila termal de Torneiros, en Baños do río Caldo, Lobios. 
Por último dicir que como en gran parte da Galiza os encoros construídos na zona, como o de Salas fixeron alterar o medio natural así como a desaparición baixo súas augas de parte do patrimonio. Na actualidade estanlle a sacar partido con deportes náuticos, mesmo así o mal xa esta feito.

Foto nos miliarios de Portela do Home, no concello de Lobios.

martes, 15 de mayo de 2012

Poboacións da Galiza





Sobre liñas fotos do pobo medieval de Santa Mariña de Augas Santas, no concello de Allariz (Ourense). Esta pequena aldea ten un  importante patrimonio histórico e relixioso, sendo un antigo lugar de culto pagán castrexo e culto cristián con presenza templaria. Conserva aínda un pintoresco núcleo urbán.
Asentado sobre as augas do rio Ulla no seu tramo final, Pontecesures (Pontevedra) e a capital do seu pequeno propio concello que conta con máis de 3.000 habitantes. Súa enclave na fronteira natural entre as provincias de Pontevedra e a Coruña asi como súa cercania as cidades de Pontevedra e Santiago fixo que seus redores prosperaran industrialmente.
A pequena aldea de Sabuguido atopase rodeada dunhas fermosas paisaxes moi preto do parque natural do Invernadoiro. Esta situada os pés do val do río Conso e as espaldas altos cumes do Macizo de San Mamede, pertencendo o concello de Vilariño de Conso, na bisbarra de Viana, Ourense.
 O núcleo urbán de Sarria atopase na zona sur-central da provincia de Lugo, a camiño entre a chaira do Miño e as montañas orientais lucenses.  Este núcleo conta con máis de 9.000 habitantes dos 13.350 que ten o concello, sendo asi unha das principais poboacións da provincia e do interior galego, ademáis de ser tamén o centro industrial e de servizos da súa bisbarra (que ten seu nome) e redores.
Panorámica dende o famoso monte de Santa Tegra, onde se atopa uns dos maiores e máis famosos asentamentos da cultura castrexa. Abaixo podemos ver a liña do océano Atlántico coa costa e o núcleo do pobo mariñeiro da Guarda (Pontevedra), concello o cal pertence o monte e onde desemboca o río Miño.




sábado, 5 de mayo de 2012

Antiga Gallaecia: O Castro do Neixón Pequeno





Un dos castros que falase máis nestes días e o Castro do Neixón pequeno, situado en Cespón, no concello de Boiro, A Coruña. Na punta do Neixón, rodeada pola ría de Arousa atopanse os restos de dous asentamentos fortificados castrexos, tratase do Neixón Grande e o Neixón Pequeno, só separados por menos de cen metros pero independentes un do outro.



Vista o parapeto que defende a entrada no Neixón Pequeno.
 
Neste caso toca falar do máis antigo e pequeno, o Neixón Pequeno. Este asentamento asentase na parte final da punta nunha pequena península rodeado polas augas da ría de Arousa, está protexido polo tramo de terra por un impoñente parapeto de defensa. O castro, ata fai pouco era coñecido por ser dos máis antigos da Galiza escavados ata agora, cunha datación que o acercaba o século IX a.c, no que o situaba na época do bronce galaico.



Vista a península onde se asenta o castro do Neixón Pequeno.
 
Pero recentes investigacións deron un posible xiro a esta datación, e en xeral a toda a cultura castrexa, pois atoparon restos anteriores o bronce, saíndo a relucir contaminacións de cobre nos restos do recinto. Isto pode dar pé a unha nova visión da datación de toda a cultura castrexa, pois sempre pensabase que o mineral traballado na cultura castrexa máis antiga era o bronce, que é moito posterior o cobre. Os restos máis antigos de cobre na Galiza datan do 2.300 a.C, pero posiblemente este asentamento fortificado xa estivera antes. Pois o Neixón Pequeno poderia datar do 3.300 a.C o 2.800 a.C, este foi o resultado que deron as probas de carbono 14 realizadas con restos de carbón vexetal atopados no interior dunha antiga vivenda. Ata o de agora creiase que o castro máis antaño da Galiza era o de Torroso, en Mos, datado de entorno o século X a.C, pero o parecer en principio o Neixón Pequeno e moitisimo anterior.



Vistas as escavacións arqueolóxicas no 2008.

Como dí Xurxo Ayán, "isto indicaria o importante valor ritual, metalúrxico e cultural deste espazo o longo dos séculos". Este castro aparte de poder ser un revolucionario descubrimento na cultura castrexa e na súa datación, posúe outras interesantes características. Unha delas foi súa riqueza comercial, aparecendo neste moitos bens e sobre todo cerámicas doutros lares como o Mediterráneo, sobre todo da cultura púnica (Cartago) onde apareceron restos vidrios e sobre todo cerámicos. Ademáis dende o Neixón Pequeno se poido exportar entre outras cousas o famoso cobre, pois hai restos na cercana zona de Lousame de vetas da época abertas para a extración deste material.




Vivenda cirlular do Neixón Pequeno.
 
En canto a arquitectura do asentamento e de reducido tamaño, con un forte parapeto que o protexe por terra. Dentro do poboado podense ver varias vivendas restauradas, sendo estas típicas na súa construcción do primeiro periodo castrexo. Referimonos a vivendas circulares de tamaño grande, máis que das etapas seguintes, sen porta e sen ningún tipo de vestibulo nin nada. A razón posible a que estas primeiras vivendas castrexas en pedra tiveran gran tamaño e non tiveran porta baixa, sería que nelas aparte de facer de lar gardarián tamén os bens agrícolas, polo que seu tamño era maior e non terián porta baixa para evitar que entraran roedores ou auga entre outros.



Banco corrido no interior dunha vivenda pegada o parapeto.
 
Tamén destacar nunha vivenda pegada o parapeto, a existenza dun banco corrido pegado o muro interior. A moi pouca distanza situase o castro do Neixón Grande, de maior tamaño e máis moderno, o cal seguramente sería a continuación do Neixón Pequeno. O Neixón Grande data do século V a.c, que xa ben sendo unha data bastante antiga para súa estructura e deseño, e se cre que cando este foi contruido o Neixón Pequeno xa estaba desocupado, pero hai outra versión seguramente máis posible, que cando se construíu o grande o pequeno estaba sendo desocupado, e posiblemente os mesmo habitantes construirán o grande e voltaran comezar unha nova vida.
Plano onde se ve a Punta do Neixón co Castro Grande e o Pequeno.

jueves, 26 de abril de 2012

Galiza nostálxica

Unha pequena homenaxe para todos aqueles galegos/as que para ter un futuro digno tuveron que marchar, marchan e marcharan...
A nerviosa espera, nenos emigrantes galego no 1920.

O Barco, porto da Coruña no 1957, parte o Garay con miles de galegos para a Arxentina.



A triste e dura despedida dos seres queridos,  famosa imaxe dun galego despedindose da súa familia no porto da Coruña no 1957.


Último adeus, último forte adeus dende o perao os seres queridos que tiveron que partir.

A adaptación, pasada xa a tempestade das despedidas, unha vez comezado a nova vida en novas terras,voltanos a morriña da nosa terra, As Xestosas, primeiro grupo galego na cidade de Zurich (Suiza) no 1981.


Galiza destruída: Desastre ecolóxico polo lume nas Fragas do Eume

Unha das xoias naturais da Galiza actual pola súa biodiversidade e ecoloxía, feita parque natural dende o ano 1997, quedou moi danada e ferida por un gran incendio forestal probocado que devastou case 2000 Ha da súa superficie. Falamos das Fragas do Eume.
Nos atopamos na zona norte da provincia da Coruña, no val do río Eume e súa ribeira, onde se atopa un dos bosques máis antigos e mellor conservados da Europa. Nas súas fragas podemos atopar unha gran presenza de carballos e castiñeiros, pero tamén podemos atopar bidueiros ou nogueiras, e nas zonas máis de ribeira freixos ou salgueiros entre outas. En canto os felgos ten máis de 20 especies diferentes.

Na fauna destacan os anfibios, pois no seu entorno viven 13 das 15 especies existentes na actual Galiza, como a lagarta da serra ou a samaraganta. Nas aves destacan as rapaces como o bufo pequeno ou o azor, nos mamíferos tamén hai unha gran variedade como londra, gato montes e nas partes máis elevadas o lobo. Por último destacan tamén unha gran cantidade de invertebrados como o mexillón de río ou o caracol de quimer, e peixes como o reo e a troita.
Pero neste fermoso e diverso paraxe como noutras moitas zonas da Galiza chegou a desgraza provocada pola man do home. Pois no pasado mes de marzo un aterrador lume probocado queimou parte do parque e puxo en perigo o resto da totalidade deste.

O lume foi probocado descaradamente o ser iniciado fortemente en tres focos distintos, a isto añadirlle a tardia chegada das brigadas de extinción, os poucos medios movidos e a total descoordinación coas institucións para apagalo.
Todo isto fixo pensar que este foi probocado como outras moitas catastrofes ecolóxicas na Galiza só polo interese dos cartos e explotación da zona apoiados polas autoridades. Pois as Fragas do Eume esconde baixo si e nos seus redores varios proxetos oscuros os cales fan que sexa un incómodo paraxe para estes proxetos.
Algúns destes proxetos son por exemplo a explotación dunha mina de andalucita a ceo aberto moi preto o do parque. Esta foi proposta por unha empresa estranxeira con capital inglés e surafricano, xa a propuxeran no anterior goberno do bipartito e fora rexeitado o proxeto. Agora de ir adiante seria un gran impacto ambiental na zona.

Pero hai moito máis, pois os redores das fragas xa levaba anos sendo invadida pola especie invasora do eucalípto, asi como os madereiros compran parcelas na zona para a súa plantación, pois hai rumores de construirse en As Pontes unha celulosa. Tamén hai rumores dunha posible nova central hidroeléctrica no río Eume, na cal estaria metida Endesa.
Ante todos estes ataques a unha das poucas zonas semi-virxen que queda na Galiza, poderiase calificar de terrorismo-ecolóxico total. Pola contra o pobo galego saiu as rúas en protesta nas diferentes cidades e vilas da Galiza, demostrando asi que esta en contra da destrución do noso entorno polos cartos, e tamén pola manipulación de información que sufrimos das intitucións e medios.

miércoles, 11 de abril de 2012

Cultura e tradicións

A jota dos Ancarés, interpretada polo gaiteiro local Manuel López máis coñecido como "O Poso", natural da parroquia do mesmo nome, Poso, no concello de Cervantes (Lugo).

Música: Muiñeira de Chantada

Natureza do páis dos mil ríos

Pois voltamos co reino animal e nosa fauna galaica, nas dúas primeiras fotos non se trata dun animal porcino autóctono, senón dun porco vietnamita que topeime de casualidade solto un día de mañá cedo, imaxinade a cara que pon un cando as oito da mañá dun día calquera atopase no medio da estrada un animal deste tipo ademáis cun tamaño considerable e solto. Decir que o curricho escapara e o fin a historia acabou con final feliz, pois os donos o atoparon.

Este revaño de ouvellas, pastan tranquilamente nos prados a orillas do río Tea, no O Condado. Mentras na seguinte foto, nas augas do Tea, dous patos nadan silenciosamente río abaixo.

Por último en terras máis altas, por enriba da propia cunca do río Tea, nas montañas da Cotodeira, onde pegan as bisbarras de O Condado, Paradanta e Terras de Vigo altas, pastan placidamente vacas e cabalos, nun ambente pouco habitado polos homes.

Galiza das mil maravillas: Peches e cancelas de leiras I

Agora nesta sección iremos pondo un pouco de enxeñería rural moi típica deste páis, tratase dos peches das fincas e leiras. Certo é que non e máis rico o que máis ten, se non o que menos necesita, e un bo exemplo son os miles de peches nas leiras galegas improvisados, pois para que gastar nunha cancela e nos ferreiros podendo solucionar o problema e reutilizar bens que xa non serven. Asi temos exemplos de peches moi variados, sendo os máis populares probablemente os armazóns e somieres das camas, pero hai moito máis, dende palés, mallazos a plásticos... facendo das nosas logradas leiras unicas e incriblemente creativas.

Recopilando este tipo de fotos me ben o recordo uns compañeiros que sempre andan metidos nas leiras, dende aqui mandar un cordial saudo a cooperativa do campo COALA de Ponteareas.