miércoles, 4 de enero de 2012

Galiza nostálxica

Lavandeiras do O Rosal no 1960.
Pastor no concello de Avión, Ourense
Alfareiras indo para o mercado en Buño, A Coruña
Mariscadoras en Lourido, Pontevedra, mariscando no 1982.
Mulleres labregas.
A Illa de Toraña no ano 1960

Galiza destruída: O encoro de Belesar

O encoro de Belesar na provincia de Lugo e un xigante pantano artificial creado polo home de case 2.000 Ha e 54 Km de longo. Máis súa construcción trouxo máis estragos para os veciños da zona que ventaxas, pois este monstro no Río Miño afectou os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. Moitisimas aldeas e vilas desapareceron baixo as súas augas polo progreso humano.
Ese foi o caso da vila de Portomarín, a cal nacia na ribeira do Miño co camiño de Santiago. Esta vila xacobea era onde cruzaban o Río Miño os peregrinos, era un importante centro da comarca onde no ano 1931 a súa igrexa románica de San Xoán fora declarada monumento nacional. Pouco despois no 1946 toda a vila fora nomeada Conxuto Histórico-Artístico, mesmo asi isto non foi suficiente para que escapara das garras do capitalismo e o negocio dos cartos, pois nos anos 50 comezaronse a murmurar o interese de construir a presa de Belesar. Asi no 1963 inaugurabase a presa desaparecendo baixo as augas a antiga histórica Portomarín.

Fotos da antiga vila de Portomarín, que fora declarada Conxunto Histórico-Artístico no 1946.

A nova vila foi transladada os redores, o monte de Cristo, onde súa igrexa de San Xoán foi trasladada pedra por pedra. A vila nova foi diseñada polo arquitecto Pons Sorolla e a inauguración da presa, que presumia de ser das máis modernas da Europa acudiu o propio xefe de estado Francisco Franco entre outras autoridades, seguramente para ver súa gran obra de enxeñería. Mentres os habitantes de Portomarín, calados ante o caudillo, vían como as augas inundaban seus fogares, súas vidas e as vidas dos seus antepasados sen poder facer absolutamente nada máis que calar en silenzo con raiba.

Vista dos restos da antiga Portomarín e a vila actual.

Pero o caso de Portomarín non foi só, pois moitísimas aldeas da ribeira máis seus habitantes tiveron que abandoar seus fogares para voltar empezar en novas aldeas nunha época tan dificil como foron os anos 60 na Galiza.
Outro caso destacado foi a da aldea de Candáz, en Chantada. Esta situabase nun pronunciado outeiro sobre o Río Miño e debaixo seus cimentos escodia un fermoso pasado. Candáz ou Castro Candáz fora un antigo asentamento fortificado na Idade de Ferro, e decir un castro, situado nun enclave estratéxico. Tal era seu punto inexpugnébel, que durante a Idade Media comberterase nunha fortaleza. Antes de quedar baixo as augas do encoro e formar parte da Galiza sumerllida, Cadáz era unha aldea chea de historia e lendas rodeada de bancais nas ladeiras do Miño para o cultivo da vide. Agora tan só podese ver seus restos nos meses de seca da presa resurxindo impresionante e poderosa entre as augas do Miño.
Restos da aldea de Chandaz, a cal só podese ver nos meses de seca da presa.

E neses meses de verán coa presa baixa de niveis cando un paseando pola antiga ribeira do Miño atopase con centos de restos, os cales voltan aparecer como pantasmas de outros tempos. Restos de casas, alpendres, camiños, cemiterios e mesmo pontes voltan a ser visibles despois de pasar moito tempo baixo as augas. Máis seguramente os antigos habitantes da ribeira cada vez que ven eses restos se lle enche o peito de sentimentos e nostalxia, pois o que son agora ruinas noutro tempo foi seu medio, súa vida e identidade.

Cultura e tradicións: Os muiños

Os muiños veñen sendo un antigo símbolo de identidade da vida cotidia dos labregos galegos, pois nel aparte de moer era sitio de reunión, namorar, é de lembrar lendas e historias mentres a roda moia o preciado gran.
Na Galiza sobreviven preto das correntes de auga centos de muiños, case todos traballaban con estas correntes que facian mover súas helices ou rodicios para que estes a súa movesen na parte superior as "móas" ou pedras do muiño, un gran exemplo de este tipo de muiño típico da Galiza o temos na foto superior dos muiños do Río Baroxa, no concello de Barro (Pontevedra). Tamén se conserva algún resto de muiño de vento, como o que podemos ver na foto inferior no Monte Tetón, en Tebra, Tomiño (Pontevedra).
A maioria atopanse a día de hoxe abandoados e caendose, outros restaurados e voltos a abandoar, e algúns con máis sorte arranxados e formando parte de fermosos routeiros que nos recordan máis de preto noso pasado. Un gran exemplo e o routeiro dos muiños do Picón e Folón, no concello de O Rosal, Pontevedra, os cales atopanse aparte nun enclave paisaxístico fermoso como vemos nas fotos de abaixo.

Os muiños maioritariamente tiñan varios donos, e eran coñecidos polos nomes destes. Os donos alugaban os muiños, moitas veces por parte do moido polas persoas que non tiñan muiño. En moitos casos atopabanse moi lexanos das zonas rurais polo que o camiño faciase longo e sorte tiñan os que despuñan dunha mula de carga e non tiñan que levalo o lombo os grans. Ese é o caso dos muiños do Folón que vemos na imaxe superior, os cales topabanse lexanos e cun dificil acceso.
Cando habia moita demanda dos muiños tamén traballabase pola noite no muiño, onde contabanse lendas, cantabanse cantares ou mesmo tentaban espantar os lobos da zona. Na moega que era un recipinte de madeira enriba da móa, votabase o gran que iba caíndo pouco a pouco na pedra para moerse, asi pasabase horas ata moer o que cada un levase para despois pasar o seguinte... Moitos muiños estaban pegados, como os que vemos na foto superior no Río Xabriña, en Paraños (O Covelo-Pontevedra), mentres que outros estaban a grandes distancias entre eles, o que facia o traballo máis solitario, como o da imaxe inferior en Cillarga, Ribadetea (Ponteareas-Pontevedra)
E unha magoa que onde nosos avós traballaban, cantaban e mesmo namoraban hoxe atopense abandoados e derrumbandose, como grandes estruturas perdidas na oscuridade e penumbras... pois o progreso os fixo desaparecer e perderse no tempo, aínda asi nalgúns lugares surxen ideas como recuperalos para podelos aprobeitar para crear enerxía eléctrica coa corrente das augas, é asi non queden como parte do gran patrimonio galego perdido polo progreso, como o muiño que vemos na parte inferior en Ézaro (Dumbria-A Coruña), que se atopa a escasa distancia dunha central eléctrica moderna.

Música: O Meu Pais - Miro Casabella

Natureza do páis dos mil ríos

Aqui un pouco de flora galaica que teño atopado por distintas zonas da Galiza.
Monte de castiñeiros autóctonos (Castanea sativa) en plena Serra do Courel, nos redores da aldea de Vilar, concello de O Folgoso do Courel (Lugo).


Impresionantes piñeiros mansos (Pinus pinea) parroquia ponteareán de Celeiros, Pontevedra.
Fermosa Aciñeira (Quercus ilex) no alto do Monte da Peneda, en Soutomaior (Pontevedra)
Carballos (Quercus robur) de gran tamaño a orillas do Río Tea, na bisbarra do O condado (Pontevedra)

Galiza das mil maravillas: O cuberto da Mámoa

Esta peculiar estrutura atopase na aldea de Castrelo no lugar de A Mámoa, no concello de Forcarei (Pontevedra).
Tratase dun estrano cuberto feito con mamposteria de pedras, o que máis chama a atención é que está no lugar coñecido como A Mámoa, en pleno acceso o Campo das Mámoas onde se atopan varios restos de mámoas. A zona que non atopase moi ben sinalizada fai que un se fixe nesta estructura a cal ten súa similitude cunha propia anta cando se dirixe a zona das mámoas.
As pedras que compoñen a planta son moi parecidas a das antas e mesmo estan traballadas, o igual que as que fan de tellado aparte de que estan colocadas de forma peculiar sobre o muro que cerra a leira onde se atopa. Todo isto dalle un aire que faino parecer un cuberto en forma de monumento megalítico.
No seu interior, no cal caben unhas dúas persoas, hai unha mesa tamén feita en pedra moi cuca e outra pedra estirada que serve de banco cara a mesa. Isto fai da pequena zona habitacional un lugar cómodo e aprobeitado cunha orientación en contra dos ventos.
Non sabemos quen foi o creador desta singular estrutura, nin cando a fixo nin para que, pero posto que se atopa nun prado posiblemente súa función era resgardarse das choivas mentres se estaba co gando. O que si parece bastante claro e que súa forma non foi feita de casualidade, pois mesmo recorda a saida da cámara dunha anta. Se sumamos isto a que se atopa nunha zona onde se atopan varias mámoas, pode dar a conclusión ata que esas pedras pola forma e polo traballadas de antaño que parecen poden vir da estructura dunha autentica mámoa, ou no caso de non vir desa hipótese o autor poido copiala dunha mámoa.

Paisaxes: A Fervenza do Xallas

A fervenza do Xallas e das únicas da Europa onde o río termina seu cauce directamente en forma de cascada no mar. Tratase seguramente da fervenza máis impresionante da Europa e nunha das formas naturais máis espectaculares da Galiza onde o Río Xallas desemboca na Costa da Morte formando un pequeño estuario.

Vista a desembocadura do Xallas na Costa da Monte en Ézaro

A desembocadura atopase no concello de Dumbría (bisbarra de Fisterra), máis exactamente na localidade costeira de Ézaro, na provincia da Coruña. Por desgraza a impoñente cascada vese afectada gravemente polo encoro de Santa Uxía que se atopa a tan só 1,5 río arriba. Isto fai que o río leve o seu tramo final case seco, desaparecendo asi prácticamente a fermosa fervenza e incumplindo asi gravemente a lei fluvial galega.
Presa da Santa Uxía danando a ferveza gravemente vista dende o mirador.

E tan só os domingos cando a presa abre as comportas e a pánoramica voltase incrible, co impoñente e pedroso Monte Pindo os pés do Atlántico, atravesado pola bravas augas do Xallas que caen dende unha altura abrupta no estuario que da súas augas directamente o Océano Atlántico.
Mesmo que o extraordinario acontecemento natural que se produce por enriba de Ézaro e digno da terra dos deuses, cando un situase no alto mirador dende onde se ve toda a desmbocadura do Xallas o recorre un sentimento de tristura o mesmo tempo, pois dende ali tamén se ve o encoro de Santa Uxia danando a incrible paisaxe e seu entorno, un verdadeiro atentado…
Para chegar a este fermoso enclave natural da Galiza e moi doado, pois atopase entre as poboación de Carnota e Cee pola estrada AC-550 a altura da localidade de Ézaro (Dumbria).

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Poboacións da Galiza

Este apartado pondranse fotos de distintos tipos de núcleos de poboacións de todo o territorio galego, destacando os núcleos máis abandoados e tradicionais.




O núcleo de Barciela e un dos mellores exemplos da tradicional aldea galega . Barciela pertence a parroquia de Castrelo en Forcarei (Pontevedra), nela conservanse os restos medievais da torre da Alarma.

A vila de Corcubión asentase bañada pola ría do seu nome na bisbarra de Fisterra. É o concello menos extenso da provincia da Coruña, ten 1.822 habitantes e foi declarada Conxunto Historico-Artístico no ano 1985.

A aldea de Vilar atopase a 600 metros de altitude rodeada dun souto de castañeiros centenários o pé dun profundo val do río Lor en plena Serra do Courel. Pertence o concello de Folgoso do Courel e só ten un único habitante vivindo todo o ano, que conserva a fermosa aldea moi pintoresco como se dun museo se tratase. Nas súas inmediacións se atopa o Castro de Vilar.

Antiga Gallaecia: O Castromao

O Castromao e un antigo asentamento fortificado da Idade de Ferro, e decir, un castro. Atopase a 738 metros de altitude na parroquia do mesmo nome no concello de Celanova, Ourense.
Ten unha extensión de algo máis de 2 Ha e foi a capital da antiga tribu preromana dos Coholerni, polo que tamén chamouse Coholernibriga.

Data do IV a.C polo que é un dos castros máis antigos conservados da Galiza, aínda que atoparonse vasixas do VII a.C polo que pode ser un século máis antigo, e decir que poidera ser primitivamente construido con materiais perecedoiros e logo en pedra. En canto o seu abandono se estima que foi acabado de abandoar no século III d.C.
Dende el podese divisar toda a bisbarra de Celanova, polo que esta situado nun importante punto estratéxico. Dentro do poboado domina a vivenda circular, aínda que tamén abunda a cadricular como un gran recinto rectangular con tres divisións, que posiblemente serviria de alpendre ou cortes para o gando. Destacar que a maioria das vivendas non posúen porta nas estructuras que se conservan. Tamén hai algunhas vivendas agrupadas en barrios familiares posuíndo vestibulos antes da entrada.
Nas excavacións do poboado atoparonse cerámicas de distintas épocas, asi como obras talladas na pedra como unha escultura dun individuo agrrando algo. Atopouse tamén un trisquel de grandes dimensións tallado, do que hai a hipótese de que podia ser a venta dunha vivenda. Como curiosidade apareron o parecer restos de crustaceos mariños no poboado, o que quere decir que o castro debia ter un importante comerzo na época.
Este poboado era a capital da tribu dos Coholernos, e destaca e ten gran importanza no mundo castrexo o descubrimento nel da taboa "Tessera Hospitales", taboa escrita en latín que data do século I. Nela pon o parecer un pacto de hospitalidade entre os Coholerni e as tropas romanas da Cohors I Celtiberum, que se asentaban no campamento militar romano de Aquis Querquennis, na parroquia de Os Baños no concello de Bande, non moi lonxe do poboado.
Tamén polas cercanias do castro pasaba a antiga vía romana XVIII (A Vía Nova), que unia as capitais xurídicas romanas de Bracara Augusta (Braga) e Astúrica Augusta (Astorga).