martes, 16 de octubre de 2012

Cultura e tradicións, a festa-romaría do desembarco vikingo de Catoira

Unha das festas máis coñecidas e visitadas da Galiza e sen dubida "o desembarco vikingo de Catoira (Pontevedra), que realizase o primeiro domingo de agosto dende 1960.

A festa revive un acontecemento histórico do pasado da Galiza como foi as incursións normandas (vikingas) e sarracenas na ría de Arousa para tentar remontar o Ulla ata Santiago, coa intención sempre se saquear a rica cidade do apóstolo.

Situada nun sitio estratexico como xa se falou aquí na sección de "Antiga Gallaecia", as Torres do Oeste que onde se realiza a festa construíronse coa intención de frear que estes pobos mariñeiros e piratas remontasen o río Ulla cara Compostela.

Pois eses acontecementos históricos da Galiza contra pobos estranxeiros piratas reconstrúense nesta singular festa, onde o pobo de Catoira traballa moi duro dende moito antes do día para poder reproducir de forma case idéntica como puido ser algún deses temidos desembarcos por parte do normandos.




Música, Pousa, Pousa - A Roda

Natureza do páis dos mil ríos, en familia.

Aqui vemos unha nova famila,neste caso de porcos celtas, onde mama celta da de mamar os recen chegados porquiños a este mundo en Fozara, concello de Ponteareas.

Tamén sen saír do concello de Ponteareas, podemos ver unha pequena famila de cabalos autóctonos galegos, coa mama potra e seu pequeno poni.


Galiza das mil maravillas, espantalhos I parte, artísticos



Estas obras de arte feitas para espantar os paxaros foron fotografiadas no concello da A Lama, Pontevedra.