martes, 15 de mayo de 2012

Poboacións da Galiza





Sobre liñas fotos do pobo medieval de Santa Mariña de Augas Santas, no concello de Allariz (Ourense). Esta pequena aldea ten un  importante patrimonio histórico e relixioso, sendo un antigo lugar de culto pagán castrexo e culto cristián con presenza templaria. Conserva aínda un pintoresco núcleo urbán.
Asentado sobre as augas do rio Ulla no seu tramo final, Pontecesures (Pontevedra) e a capital do seu pequeno propio concello que conta con máis de 3.000 habitantes. Súa enclave na fronteira natural entre as provincias de Pontevedra e a Coruña asi como súa cercania as cidades de Pontevedra e Santiago fixo que seus redores prosperaran industrialmente.
A pequena aldea de Sabuguido atopase rodeada dunhas fermosas paisaxes moi preto do parque natural do Invernadoiro. Esta situada os pés do val do río Conso e as espaldas altos cumes do Macizo de San Mamede, pertencendo o concello de Vilariño de Conso, na bisbarra de Viana, Ourense.
 O núcleo urbán de Sarria atopase na zona sur-central da provincia de Lugo, a camiño entre a chaira do Miño e as montañas orientais lucenses.  Este núcleo conta con máis de 9.000 habitantes dos 13.350 que ten o concello, sendo asi unha das principais poboacións da provincia e do interior galego, ademáis de ser tamén o centro industrial e de servizos da súa bisbarra (que ten seu nome) e redores.
Panorámica dende o famoso monte de Santa Tegra, onde se atopa uns dos maiores e máis famosos asentamentos da cultura castrexa. Abaixo podemos ver a liña do océano Atlántico coa costa e o núcleo do pobo mariñeiro da Guarda (Pontevedra), concello o cal pertence o monte e onde desemboca o río Miño.




sábado, 5 de mayo de 2012

Antiga Gallaecia: O Castro do Neixón Pequeno





Un dos castros que falase máis nestes días e o Castro do Neixón pequeno, situado en Cespón, no concello de Boiro, A Coruña. Na punta do Neixón, rodeada pola ría de Arousa atopanse os restos de dous asentamentos fortificados castrexos, tratase do Neixón Grande e o Neixón Pequeno, só separados por menos de cen metros pero independentes un do outro.



Vista o parapeto que defende a entrada no Neixón Pequeno.
 
Neste caso toca falar do máis antigo e pequeno, o Neixón Pequeno. Este asentamento asentase na parte final da punta nunha pequena península rodeado polas augas da ría de Arousa, está protexido polo tramo de terra por un impoñente parapeto de defensa. O castro, ata fai pouco era coñecido por ser dos máis antigos da Galiza escavados ata agora, cunha datación que o acercaba o século IX a.c, no que o situaba na época do bronce galaico.



Vista a península onde se asenta o castro do Neixón Pequeno.
 
Pero recentes investigacións deron un posible xiro a esta datación, e en xeral a toda a cultura castrexa, pois atoparon restos anteriores o bronce, saíndo a relucir contaminacións de cobre nos restos do recinto. Isto pode dar pé a unha nova visión da datación de toda a cultura castrexa, pois sempre pensabase que o mineral traballado na cultura castrexa máis antiga era o bronce, que é moito posterior o cobre. Os restos máis antigos de cobre na Galiza datan do 2.300 a.C, pero posiblemente este asentamento fortificado xa estivera antes. Pois o Neixón Pequeno poderia datar do 3.300 a.C o 2.800 a.C, este foi o resultado que deron as probas de carbono 14 realizadas con restos de carbón vexetal atopados no interior dunha antiga vivenda. Ata o de agora creiase que o castro máis antaño da Galiza era o de Torroso, en Mos, datado de entorno o século X a.C, pero o parecer en principio o Neixón Pequeno e moitisimo anterior.



Vistas as escavacións arqueolóxicas no 2008.

Como dí Xurxo Ayán, "isto indicaria o importante valor ritual, metalúrxico e cultural deste espazo o longo dos séculos". Este castro aparte de poder ser un revolucionario descubrimento na cultura castrexa e na súa datación, posúe outras interesantes características. Unha delas foi súa riqueza comercial, aparecendo neste moitos bens e sobre todo cerámicas doutros lares como o Mediterráneo, sobre todo da cultura púnica (Cartago) onde apareceron restos vidrios e sobre todo cerámicos. Ademáis dende o Neixón Pequeno se poido exportar entre outras cousas o famoso cobre, pois hai restos na cercana zona de Lousame de vetas da época abertas para a extración deste material.




Vivenda cirlular do Neixón Pequeno.
 
En canto a arquitectura do asentamento e de reducido tamaño, con un forte parapeto que o protexe por terra. Dentro do poboado podense ver varias vivendas restauradas, sendo estas típicas na súa construcción do primeiro periodo castrexo. Referimonos a vivendas circulares de tamaño grande, máis que das etapas seguintes, sen porta e sen ningún tipo de vestibulo nin nada. A razón posible a que estas primeiras vivendas castrexas en pedra tiveran gran tamaño e non tiveran porta baixa, sería que nelas aparte de facer de lar gardarián tamén os bens agrícolas, polo que seu tamño era maior e non terián porta baixa para evitar que entraran roedores ou auga entre outros.



Banco corrido no interior dunha vivenda pegada o parapeto.
 
Tamén destacar nunha vivenda pegada o parapeto, a existenza dun banco corrido pegado o muro interior. A moi pouca distanza situase o castro do Neixón Grande, de maior tamaño e máis moderno, o cal seguramente sería a continuación do Neixón Pequeno. O Neixón Grande data do século V a.c, que xa ben sendo unha data bastante antiga para súa estructura e deseño, e se cre que cando este foi contruido o Neixón Pequeno xa estaba desocupado, pero hai outra versión seguramente máis posible, que cando se construíu o grande o pequeno estaba sendo desocupado, e posiblemente os mesmo habitantes construirán o grande e voltaran comezar unha nova vida.
Plano onde se ve a Punta do Neixón co Castro Grande e o Pequeno.