Sobre liñas fotos do pobo medieval de Santa Mariña de Augas Santas, no concello de Allariz (Ourense). Esta pequena aldea ten un importante patrimonio histórico e relixioso, sendo un antigo lugar de culto pagán castrexo e culto cristián con presenza templaria. Conserva aínda un pintoresco núcleo urbán.
Asentado sobre as augas do rio Ulla no seu tramo final, Pontecesures (Pontevedra) e a capital do seu pequeno propio concello que conta con máis de 3.000 habitantes. Súa enclave na fronteira natural entre as provincias de Pontevedra e a Coruña asi como súa cercania as cidades de Pontevedra e Santiago fixo que seus redores prosperaran industrialmente.
O núcleo urbán de Sarria atopase na zona sur-central da provincia de Lugo, a camiño entre a chaira do Miño e as montañas orientais lucenses. Este núcleo conta con máis de 9.000 habitantes dos 13.350 que ten o concello, sendo asi unha das principais poboacións da provincia e do interior galego, ademáis de ser tamén o centro industrial e de servizos da súa bisbarra (que ten seu nome) e redores.
Panorámica dende o famoso monte de Santa Tegra, onde se atopa uns dos maiores e máis famosos asentamentos da cultura castrexa. Abaixo podemos ver a liña do océano Atlántico coa costa e o núcleo do pobo mariñeiro da Guarda (Pontevedra), concello o cal pertence o monte e onde desemboca o río Miño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario