As Encrobas, 1976-1977. O val das Encrobas atopase en Cerceda, onde polos anos de fin da ditadura e transición levouse a cabo un dos maiores atentados contra a terra e pobo galego, nada máis que facer unha mina a ceo aberto de carbón no val, acabando asi coa vida das aldeas ali asentadas. Os veciños cheos de valor e raiba fixeron fronte as forzas de represión acabando moitos e moitas detidas, como a famosa foto da valente ancia aqui mostrada. O final chegouse a un acordo pouco respetado pola empresa responsable da mina, Unión Fenosa. Ata o día de hoxe máis de mil habitantes abandoaron o pequeno val das Encrobas, pero estes pasaron a historia como uns autenticos valentes e loitadores.
Abaixo por orde, manifestación labregas por un prezo xusto en Pontevedra no 1980. Traballadores do naval de Ferrol cortando a estrada de acceso a Galiza en Pedrafita no 1984. E por último manisfestación en Carballo no ano 1977.
viernes, 16 de noviembre de 2012
Galiza destruída: O encoro das Cunchas
Setembro de 1.949, en plena ditadura o xeneral Francisco Franco visita o sur da provincia de Ourense, máis en concreto a Baixa Limia. Súa visita as terras da Galiza como normalmente non é para nada bo, polo menos para os poboadores os que lles tocaba como se fora por sorteo unha desgraza moi común por eses tempos, o roubo de da terra e vida para a construción dun encoro. Así en setembro de 1.949 inaugurábase o embalse das Cunchas en terras da Baixa Limia, que afectaba os concellos de Bande, Muiños e Lobeira.
Construción do encoro das Cunchas.
Franco na inauguración da presa arriba, e abaixo o encoro a pleno rendemento nos primeiros días.
Vista o encoro das cunchas, que sumirxiu parte do val do Limia, abaixo restos do campamento Aquis Querquennis semi cuberto polas augas.
Un mozo de Santa Cruz rondaba unha moza da outra beira do río. Para ir
xunta dela tiña que cruzar polas poldras pero unha enchente de auga que
arroiba impediulle atravesar. O mozo botaba xuramentos e maldicións, tantos e
tan fortes que se presenteu o demo e propúxolle un trato. Do acordado resultou
que o demo comprometíase a traballar toda a noite para construír unha ponte e o
mozo, a cambio, tería que entregarlle a alma cando morrese.
O mozo aceptou o trato e o demo, en vindo a noite, púxose a facer a ponte. Traballou e traballou, máis ao mencer aínda lle quedaba unha pedra por colocar. Por unha pedriña non deu rematado a obra.
Contrariado polo contratempo o demo seica dixo:
-Por culpa dunha pedriña
nunca me fuches pagada!
Vivirás sempre maldita
e morrerás afogada!
Aquela maldición deulle nome á ponte. O máis curioso, porén, é que sen a pedra que lle faltaba, a ponte foi de moita utilidade desde tempos romanos ata que os argalleiros do encoro cumpriron a maldición.
El non será o demo tamén o que constrúe os encoros?.
Foto de principios do século pasado da Ponte da Pedriña.
Construción do encoro das Cunchas.
Ese mesmo día co ditador
presente na inauguración, un valente grupo de veciños vendo a desgraza da que
lle tocaran ser vítimas, despregaron unha pancarta que puña, “Franco, el pueblo quiere hablarte”, pero
o ditador non fixo caso dela.
Agora as augas do
Río Limia subían rapidamente para inundar os campos, pero non só os campos,
senón unhas terras que custodiaban un gran patrimonio. Quedaban así baixo as
augas do encoro os restos do campamento romano de Aquis Querquennis, chamado
popularmente “A Cidá”, xoia patrimonial romana que nos seus tempos vixiaba a
famosa calzada romana Vía XVIII que unía Bracara con Asturica (Braga -Astorga),
tamén coñecida como a Vía Nova. Baixo as augas do Limia, os veciños non só
perdian terras, senón tamén unha parte de si e de seu pasado.
Vista o encoro das cunchas, que sumirxiu parte do val do Limia, abaixo restos do campamento Aquis Querquennis semi cuberto polas augas.
Tamén baixo as
augas quedaron os restos patrimoniais dun monumento que fora nomeado tan só
cinco anos antes Monumento Histórico -Artístico. Tamén de orixe romana, tratábase
da Ponte da Pedriña, o cal tamén formaba parte da Vía Nova romana. Coa seca da
presa, aínda se pode ver como unha fantasma os restos que quedan desta ponte, a
cal tiña unha fermosa lenda que puiden atopar na rede, a cal o fin, parece que
se cumpriu a maldición. Esta di así.
O mozo aceptou o trato e o demo, en vindo a noite, púxose a facer a ponte. Traballou e traballou, máis ao mencer aínda lle quedaba unha pedra por colocar. Por unha pedriña non deu rematado a obra.
Contrariado polo contratempo o demo seica dixo:
-Por culpa dunha pedriña
nunca me fuches pagada!
Vivirás sempre maldita
e morrerás afogada!
Aquela maldición deulle nome á ponte. O máis curioso, porén, é que sen a pedra que lle faltaba, a ponte foi de moita utilidade desde tempos romanos ata que os argalleiros do encoro cumpriron a maldición.
El non será o demo tamén o que constrúe os encoros?.
Foto de principios do século pasado da Ponte da Pedriña.
martes, 16 de octubre de 2012
Cultura e tradicións, a festa-romaría do desembarco vikingo de Catoira
Unha das festas máis coñecidas e visitadas da Galiza e sen dubida "o desembarco vikingo de Catoira (Pontevedra), que realizase o primeiro domingo de agosto dende 1960.
A festa revive un acontecemento histórico do pasado da Galiza como foi as incursións normandas (vikingas) e sarracenas na ría de Arousa para tentar remontar o Ulla ata Santiago, coa intención sempre se saquear a rica cidade do apóstolo.
Situada nun sitio estratexico como xa se falou aquí na sección de "Antiga Gallaecia", as Torres do Oeste que onde se realiza a festa construíronse coa intención de frear que estes pobos mariñeiros e piratas remontasen o río Ulla cara Compostela.
Pois eses acontecementos históricos da Galiza contra pobos estranxeiros piratas reconstrúense nesta singular festa, onde o pobo de Catoira traballa moi duro dende moito antes do día para poder reproducir de forma case idéntica como puido ser algún deses temidos desembarcos por parte do normandos.
A festa revive un acontecemento histórico do pasado da Galiza como foi as incursións normandas (vikingas) e sarracenas na ría de Arousa para tentar remontar o Ulla ata Santiago, coa intención sempre se saquear a rica cidade do apóstolo.
Situada nun sitio estratexico como xa se falou aquí na sección de "Antiga Gallaecia", as Torres do Oeste que onde se realiza a festa construíronse coa intención de frear que estes pobos mariñeiros e piratas remontasen o río Ulla cara Compostela.
Pois eses acontecementos históricos da Galiza contra pobos estranxeiros piratas reconstrúense nesta singular festa, onde o pobo de Catoira traballa moi duro dende moito antes do día para poder reproducir de forma case idéntica como puido ser algún deses temidos desembarcos por parte do normandos.
Natureza do páis dos mil ríos, en familia.
Aqui vemos unha nova famila,neste caso de porcos celtas, onde mama celta da de mamar os recen chegados porquiños a este mundo en Fozara, concello de Ponteareas.
Tamén sen saír do concello de Ponteareas, podemos ver unha pequena famila de cabalos autóctonos galegos, coa mama potra e seu pequeno poni.
Tamén sen saír do concello de Ponteareas, podemos ver unha pequena famila de cabalos autóctonos galegos, coa mama potra e seu pequeno poni.
Galiza das mil maravillas, espantalhos I parte, artísticos
Estas obras de arte feitas para espantar os paxaros foron fotografiadas no concello da A Lama, Pontevedra.
jueves, 7 de junio de 2012
Paisaxes, a Serra do Xurés
Situados no sur centro da Galiza, na bisbarra de A Baixa Limia na provincia de Ourense, erguese un dos macizos montañosos máis fermosos característicos do pais, a Serra do Xurés. Atravesada polo río Limia e lindando o sur con Portugal e irmán das serras portuguesas do Gerês e a Peneda, coas que forma o mesmo macizo pero separado polas fronteiras políticas.
No ano 1.993 foi nomeada parque natural xunto con cinco concellos portugueses creando así o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés do lado galego e Parque Natural Peneda-Gerês do lado de Portugal.
Este espazo con paisaxe montañosa e correntes fluviais, destaca no xeolóxico os montes graníticos, que xunto cos vales e encaixamentos dos ríos Limia e afluentes como o río Caldo, os cales nalgúns tramos irrompen nas abruptas montañas en forma de fervenzas e pozas, converten esta paraxe nunha das máis fermosas da Galiza. Importante tamén saber que nestas serras atópanse os circos glaciares a menor altura da Península. Estas características fixo que no ano 2.009 o parque fora nomeado Reserva da Biosfera pola UNESCO.
Na súa xeografía destacan picos e montes como Outeiro de Quíntano (1.169 m), Cruz do Touro (1.231 m), Coto de Fonte Fría (1.454 m) e o máis alto, o Pico da Nevosa con 1.539 m, todos graníticos. En canto as correntes fluviais aparte do Limia, destaca o río Caldo, o cal como di seu nome ten propiedades e afamadas augas termais as cales xa coñecíano os romanos. Tamén mencionar o salto ou cascada do Corgo da Fecha, o cal e o máis longo da Galiza con case un Km que irrompe nas montañas.
Dentro da flora hai amplas zonas de matogueira e bosques caducifolios, onde hai presenza de cerquiño, bidueiros e sobreiras, ademais de érbedo e acivro nas zonas máis altas.
En canto a fauna, no campo dos réptiles e anfibios nomear á pínteaga rabilonga, a lagartixa ibérica e a culebra viperina. Nas aves tamén podemos nomear o hábitat do mergullón pequeno, o lavanco e tartaraña cincenta, aparte das rapaces como a aguia real, falcón pequeno, azor, gabián, aguia cobreira, lagarteiro, cuco, peto real e cirio común. Nos mamíferos mencionar o lobo, musgaño común, londra, gato montes e donicela, aparte dos máis comúns como xabarís, corzos, paspallás ou lebres. Por último nas zonas fluviais unha importante presenza de troita.
Pero unha das cousas polas que e recoñecida estas terras e pola gran e importante pegada que deixaron os romanos, pois pola zona pasaba a antiga calzada Vía XVIII a cal unía as importantes cidades de Bracara Augusta (Braga) con Astúrica Augusta (Astorga), a calzada era coñecida tamén como Vía Nova, nome que sae en varios gravados do percorrido. Destaca a conservación de moitos tramos da calzada empedrada, así como miliarios como a véntena de Portela do Home (miliarios eran como sinais da época para marcar as distanza). En relación coa vía antiga nomear os restos da "masio" dos Baños do río Caldo, tratase de unha antiga pousada romana da vía aproveitou as calidades termais do río Caldo para facer unhas termas, os seus restos aínda se atopan en bastante bo estado de conservación.
Todas estas atribucións paisaxísticas,
patrimoniais e naturais fan que o Xurés goce na actualidade dun gran
atractivo no sector do turismo. Destacando entre outros a vila termal de
Torneiros, en Baños do río Caldo, Lobios.
Por último dicir que como en gran parte da Galiza
os encoros construídos na zona, como o de Salas fixeron alterar o medio natural
así como a desaparición baixo súas augas de parte do patrimonio. Na actualidade
estanlle a sacar partido con deportes náuticos, mesmo así o mal xa esta feito.
Foto nos miliarios de Portela do Home, no concello de Lobios.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)