viernes, 16 de noviembre de 2012

Galiza nostálxica, tempos de loita no pasado

As Encrobas, 1976-1977. O val das Encrobas atopase en Cerceda, onde polos anos de fin da ditadura e transición levouse a cabo un dos maiores atentados contra a terra e pobo galego, nada máis que facer unha mina a ceo aberto de carbón no val, acabando asi coa vida das aldeas ali asentadas. Os veciños cheos de valor e raiba fixeron fronte as forzas de represión acabando moitos e moitas detidas, como a famosa foto da valente ancia aqui mostrada. O final chegouse a un acordo pouco respetado pola empresa responsable da mina, Unión Fenosa. Ata o día de hoxe máis de mil habitantes abandoaron o pequeno val das Encrobas, pero estes pasaron a historia como uns autenticos valentes e loitadores.





Abaixo por orde, manifestación labregas por un prezo xusto en Pontevedra no 1980. Traballadores do naval de Ferrol cortando a estrada de acceso a Galiza en Pedrafita no 1984. E por último manisfestación en Carballo no ano 1977.




No hay comentarios:

Publicar un comentario