viernes, 16 de noviembre de 2012

Galiza destruída: O encoro das Cunchas

Setembro de 1.949, en plena ditadura o xeneral Francisco Franco visita o sur da provincia de Ourense, máis en concreto a Baixa Limia. Súa visita as terras da Galiza como normalmente non é para nada bo, polo menos para os poboadores os que lles tocaba como se fora por sorteo unha desgraza moi común por eses tempos, o roubo de da terra e vida para a construción dun encoro. Así en setembro de 1.949 inaugurábase o embalse das Cunchas en terras da Baixa Limia, que afectaba os concellos de Bande, Muiños e Lobeira.
Construción do encoro das Cunchas.



Ese mesmo día co ditador presente na inauguración, un valente grupo de veciños vendo a desgraza da que lle tocaran ser vítimas, despregaron unha pancarta que puña, “Franco, el pueblo quiere hablarte”, pero o ditador non fixo caso dela.


Franco na inauguración da presa arriba, e abaixo o encoro a pleno rendemento nos primeiros días.



Agora as augas do Río Limia subían rapidamente para inundar os campos, pero non só os campos, senón unhas terras que custodiaban un gran patrimonio. Quedaban así baixo as augas do encoro os restos do campamento romano de Aquis Querquennis, chamado popularmente “A Cidá”, xoia patrimonial romana que nos seus tempos vixiaba a famosa calzada romana Vía XVIII que unía Bracara con Asturica (Braga -Astorga), tamén coñecida como a Vía Nova. Baixo as augas do Limia, os veciños non só perdian terras, senón tamén unha parte de si e de seu pasado.

Vista o encoro das cunchas, que sumirxiu parte do val do Limia, abaixo restos do campamento Aquis Querquennis semi cuberto polas augas.



Tamén baixo as augas quedaron os restos patrimoniais dun monumento que fora nomeado tan só cinco anos antes Monumento Histórico -Artístico. Tamén de orixe romana, tratábase da Ponte da Pedriña, o cal tamén formaba parte da Vía Nova romana. Coa seca da presa, aínda se pode ver como unha fantasma os restos que quedan desta ponte, a cal tiña unha fermosa lenda que puiden atopar na rede, a cal o fin, parece que se cumpriu a maldición. Esta di así.

Un mozo de Santa Cruz rondaba unha moza da outra beira do río. Para ir xunta dela tiña que cruzar polas poldras pero unha enchente  de auga que arroiba impediulle atravesar. O mozo botaba xuramentos e maldicións, tantos e tan fortes que se presenteu o demo e propúxolle un trato. Do acordado resultou que o demo comprometíase a traballar toda a noite para construír unha ponte e o mozo, a cambio, tería que entregarlle a alma cando morrese.
   O mozo aceptou o trato e o demo, en vindo a noite, púxose a facer a ponte. Traballou e traballou, máis ao mencer aínda lle quedaba unha pedra por colocar. Por unha pedriña non deu rematado a obra.
   Contrariado polo contratempo o demo seica dixo:
   -Por culpa dunha pedriña
     nunca me fuches pagada!
     Vivirás sempre maldita
     e morrerás afogada!
    Aquela maldición deulle nome á ponte. O máis curioso, porén, é que sen a pedra que lle faltaba, a ponte foi de moita utilidade desde tempos romanos ata que os argalleiros do encoro cumpriron a maldición.
El non será o demo tamén o que constrúe os encoros?.

Foto de principios do século pasado da Ponte da Pedriña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario