Cando un chega o
concello de Campo Lameiro (Pontevedra) pode observar un cartel que pon “Campo
Lameiro capital da arte rupestre”. A verdade cando un se introduce e ve a
cantidade de estacións de arte rupestre que hai esparcidas por todo o concello,
dáse un conta que pode ser un nome merecido.
As distintas
estacións do concello en conxunto forman unha das maiores concentracións de
petróglifos non só da Península Ibérica, senón de Europa. Na estación de
Paredes atopase o centro de interpretación, o que foi inaugurado 2011 sendo o
primeiro parque arqueolóxico da Galiza. Alí, en Paredes podemos atopar os máis
acondicionados e mellor conservados.
No parque de Paredes
podemos atopar case todo tipo de petróglifos (circulares, representacións
humanas, animais, armas) destacando representacións de cérvidos moi ben
conservadas e de gran tamaño. Tamén no parque recreouse un poboado da Idade de Bronce
de fai entorno 5000-4000 anos, que nos mostra máis ou menos como puideron vivir
as persoas que debuxaron nestas laxas.
Tamén polo restos
do concello temos espallados máis estacións e zonas de petróglifos aparte da de
Paredes, como pode ser en Matabois, Pantrigo, Parada e San Isidro, As Fragas/Fentáns
e Caneda.
Zona de Petróglifos en Matabois.
Petróglifos e Pantrigo.
Destacar aparte no
propio concello o Castro de Penealba, dos máis antigos da Galiza onde tamén
conserva un petróglifo de gran tamaño que representa unha gran serpe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario