
A lagoa bañaba os concellos de Sandiás, Porqueira, Xunqueira de Ambia, Sarreus, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Rairíz de Veiga e Xinzo de Limia, na cal sae na foto de arriba a vila coa lagoa de fondo.
Foi coñecida tamén co nome de Lagoa Beón, o parecer saido da palabra "bión" que era un funco que se usaba para o berce do gando. O nome de Antela posibemente veña de "anta", polo que na zona antigamente debia haber unha gran cantidade de mámoas. Añadir que na zona tamén existen fermosas lendas da lagoa, coma a da cidade de Antioquia, sumerxida baixo a lagoa por un castigo.
No ano 1956 en pleno franquismo, Franco da manda desecar a lagoa para terras de cultivo, facendo asi un dos maiores atentados biolóxicos da historia da Galiza. Como son as cousas que durante o franquismo Galiza enchouse de lagoas artificiais en formas de encoros e pola contra, secouse a maior lagoa natural que tiña...Xa había indicios anteriores o comezo das obras de Franco no 1958 de intento de desecar a lagoa, pois o emperador romano Adriano o parecer mandara construir un gran canle para aprobetar a lagoa para regadios, pero voltando a súa forma natural co paso dos séculos.
Pero sorprendentemente coas intensas choivas como no 2001 e 2010, a lagoa resurxiu a case seu estado natural do século pasado voltando a humedecer as terras, igual pasoulle o mesmo os romanos en tempos pasados, pois o que se enterra vivo normalmente volta a resurxir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario