A Serra do Galleiro situase no sur-oeste da Galiza, facendo escalón entre a Ría de Vigo e o Val do Tea. Ten uns dez kilómetros de extensión de norte a sur, e fai de fronteira natural entre os concellos de Ponteareas (este), Mos (oeste) e Pazos de Borben (norte). O mesmo tempo entre as bisbarras de Vigo e O Condado.
Súa máxima cota de altitude atopase no cumio do Coto de Cales con 742 m, tamén coñecido como O Galleiro. Este cumio atopase entre as parroquias de Padróns e Nespereira e podemolo ver na foto de arriba en pleno verán.
O segundo cumio máis alto da serra e O Salgueirón, o cal vemos na foto superior con 630 m de altura entre as parroquias de Ribadetea e Louredo. Dende estes cumios hai unhas espectaculares vistas a Ría de Vigo e as Illas Cies, o igual outra cara o Val do Tea e a totalidade da bisbarra do O Condado ata terras portuguesas.
A Serra do Galleiro entre outras cousas fai frear naturalmente borrascas e neboas atlánticas cara o interior, facendo que en moi pouco espazo existan dous climas a cada lado da montaña diferenciados.
No ano 2005 estes montes foron arrasados por un gran incendio forestal, perdendo asi gran parte da súa fermosura e natureza. A día de hoxe aínda se esta recuperando da traxedia sufrida, mesmo asi as canteiras, o abandono e a repoboación dos montes facendose de forma máis ben negocio e non natural, fai que sexa normal ver polas súas ladeiras gran cantidade de montes de eucalipto e toxais, unha magoa.
Outra gran riqueza que esconde esta cadea montañosa son os restos arqueolóxicos, sin ser practicamente nunca explorada aparecen mámoas, como a fermosa do Marco que se pode ver na foto de abaixo. Tamén posué petroglifos nas súas faldas e moitisimo refuxios, algúns naturais e outros traballados por homes de outros tempos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario