Destaca pola seu relevo, tendo no seus limites o pico máis alto da Serra do Suido, Coto de Puza con 1.024 metros, e destacando tamén a Coto de Eira con case 1.000 metros. Na foto de arriba podemos ver parte da xeografía do concello na parte da ribeira do rio Oitevén, onde saén varios núcleos de poboación.
martes, 31 de enero de 2012
Poboacións da Galiza: Concello de Fornelos de Montes
Destaca pola seu relevo, tendo no seus limites o pico máis alto da Serra do Suido, Coto de Puza con 1.024 metros, e destacando tamén a Coto de Eira con case 1.000 metros. Na foto de arriba podemos ver parte da xeografía do concello na parte da ribeira do rio Oitevén, onde saén varios núcleos de poboación.
Antiga Gallaecia: A Mámoa de Chan de Arquiña
A mámoa de Chan de Arquiña atopase na parroquia de Domaio, no concello de Moaña (Pontevedra), na bisbarra de O Morrazo. E un importante monumento megalítico funebre que conta con máis de 5.000 anos de antiguedade.
Recordemos que unha mámoa era onde soterraban nosos antepasados de fai 6.000 a 4.000 anos. Teñen polo xeral unha estructura circular na maioria das veces contruida en predra onde o morto se deposita nunha cámara, a cal se soe accede por un pasillo, aínda que tamén poden ausentarse del. Estes monumentos de ritual da morte eran despois soterrados, polo que os que nos chegan aínda nese estado alterando o terreo son coñecidos como mámoas ou túmulos, mentes os que aparecen desenterrados son chamados dolméns ou antas.
No caso de Chan de Arquiña aparece a medio soterrar, polo que se pode conservar algo asi como un dolmén-mámoa. Este xacemento ten unha gran importanza arqueolóxica pola súa gran consevación, sendo dos máis importantes estudados dentro dos monumentos funerarios da Galiza coas características similares.
Nos redores da mámoa hai un espazo de recreo tranquilo onde abundan as castiñeiras, hai tamén mesas, auga e sitios onde poder cociñar o ar libre. Tamén a pouca distanza se atopa o alto do Faro de Domaio, a máis de 600 m de altura onde hai unhas espectaculares vistas a ría de Vigo e seus redores, polo que a zona merece a pena visitala.
Galiza nostálxica
Galiza destruída: O encoro de As Portas
Situamonos nas terras máis altas da Galiza oriental ourensán, no concellos de Vilariño de Conso na bisbarra da Terra de Viana, onde a principios dos setenta construiuse o maior encoro da provincia de Ourense, o de As Portas.
Este situase na conca do Río Camba, onde antes de existir esta mostruosa lagoa artificial era un fermoso val de alta montaña. Nese alto val do Río Camba existian pequenas fermosas aldeas como a de Veiga de Camba, Campo e Cambalán entre outras, hoxe desaparecidas para sempre baixo as augas do encoro. Nas dúas primeiras fotos podemos ver o gran cambio que pegou o val do Camba.
O encoro comezouse a construir no 1972, e foi rematado no 1974 a finais do franquismo. Pertence a empresa Iberduero, a cal presume de ecoloxista, pero claro ante os cartos doados e con todo o apoio das autoridades da zona e nacionais non lle foi dificil evacuar cara outra zona as sesenta familias que vivian no val do Camba. Estas tiveron que trasladarse entre outros sitios a parroquia de Ventas da Capela sen poider queixarse sequera.

Nas dúas fotos superiores podemos ver dúas imaxes antigas da perdida aldea de Veiga de Camba. Seus veciños case todos instalados na parroquia de Ventas da Capala, a cal esta dividida entre os concellos de Vilariño e A Gudiña, aínda celebran cada 5 de setembro as festas a San Martín, onde conmemoran o recordo a súa antiga parroquia natal, Veiga de Camba.
Agora xa cos anos todo esta en calma, as augas cubriron as ribeiras do Camba e con elas as leiras, cortes e vivendas dos antigos habitantes do val. Xa son só recordos e historias os que recordan a antiga vida axetreada de aquelas xentes que habiataban aquel val rodeado de altos cumes e montañas... O máis triste debe ser para os antigos lugareños desas terras ver o xigantesco muro de formigón que divide dous mundos, un que aínda pervive parte do antigo val a un lado con seus prados e núcleos de poboación, e outro que xa se perdou no olvido baixo as augas do encoro.

Cultura e tradicións
Cantiga e refraneiro desta época do ano.
Á beira do lume
Cara onde voas, meu pensamiento,
outeando hoxe? Non fuxas, non!
Beira dos guizos, onde me quento,
durme quediño, meu corazón.
Nin te aloumiñen os aturuxos,
dos que non pensan no máis alá,
troulearon onte, máis logo eles
como un alustro pasaron xa.
Aínda te firan como chapizos
de hoxe as peniñas diante dos pés;
xa na ladeira roxen os tizos,
xa a vida é fume, qué arela tes!
Refraneiro
"En xaneiro deixa o retellador e xúntate co ferreiro"
"Auga de xaneiro todo o ano dá tempeiro"
"Tanto gañado, tanto gastado, non é bo recado"
"Con choiva e con vento non vaias de caza que perdes o tempo"

Natureza do páis dos mil ríos
Neste apartado de natureza mencioremos esta vez un reino que nin e animal nin vexetal, tratase dos fungos.
Amanitas muscarias ou reventabois nas orillas do Río Tea (Ponteareas)
Ainda que non son moi experto en fungos, case que pode decirse que unha das súas maiores funcións e a descomposición tanto animais como vexetais, polo que seu labor e importantisimo nos nosos ecosistemas.
Amanitas nas faldas da Serra O Galleiro (Pontevedra)
Nos bosques galegos son moi abundantes e hai unha gran variedade de fungos. Mencionaremos agora un en especial, que soe atoparse por todo o territorio, tratase da "amanita muscaria", tamén coñecida como reventabois ou bricabois. Este fungo e moi vistoso, pois ten un sombreiro de cor roxiza con puntos brancos, o que o fan moi similar as clásicas do nogmos.
Amanita sen abrir aínda o sombreiro nas faldas da Serra do Galleiro (Pontevedra)
Pero esta beleza de fungo e moi enganosa, pois tras súa apacible estanpa esconde unha forte tóxina que o fai velenoso, e en moitos casos, mortal. Mesmo asi tamén se pode consumir, para elo e preciso o parecer secalo e quitarlle os puntos brancos, pero para maior preucaución millor consultar a un experto.
Exemplar de amanita ou brincabois na parroquia de Augas Santas, Allariz
Estes fermosos exemplares contribuen a uha gran labor de manter o ecosistema dos nosos montes, polo que é moi importante non arrancalos en caso de que non collan para o consumo.
Ainda que non son moi experto en fungos, case que pode decirse que unha das súas maiores funcións e a descomposición tanto animais como vexetais, polo que seu labor e importantisimo nos nosos ecosistemas.
Nos bosques galegos son moi abundantes e hai unha gran variedade de fungos. Mencionaremos agora un en especial, que soe atoparse por todo o territorio, tratase da "amanita muscaria", tamén coñecida como reventabois ou bricabois. Este fungo e moi vistoso, pois ten un sombreiro de cor roxiza con puntos brancos, o que o fan moi similar as clásicas do nogmos.
Pero esta beleza de fungo e moi enganosa, pois tras súa apacible estanpa esconde unha forte tóxina que o fai velenoso, e en moitos casos, mortal. Mesmo asi tamén se pode consumir, para elo e preciso o parecer secalo e quitarlle os puntos brancos, pero para maior preucaución millor consultar a un experto.
Estes fermosos exemplares contribuen a uha gran labor de manter o ecosistema dos nosos montes, polo que é moi importante non arrancalos en caso de que non collan para o consumo.
Galiza das mil maravillas: O Heep de Corcubión
Paisaxes: A praia das Catedrais
martes, 17 de enero de 2012
miércoles, 4 de enero de 2012
Poboacións da Galiza
Antiga Gallaecia: As Torres do Oeste
As Torres do Oeste nos chegan a día de hoxe como os restos dun sistema defensivo medieval situadas no fondo da ría de Arousa na desembocadura do Ulla, no concello de Catoira, provincia de Pontevedra.
As torres serviron de defensa contra a pirateria vikinga, xa que estes a partires do século IX acosaban a costa galega, é ameazaban con retornar o Río Ulla para asi logo atacar e saquear a sede episcopal de Iria Flavia (Padrón) e Santiago. Estas xentes de orixe escandinavo eran coñecidos na Idade Media como normandos (xente do norte), é buscaban atacar para saquear importantes templos da igrexa, pois tiñan moitas riquezas e atopabanse mal defendidos.
O orixe deste recinto arqueolóxico ben de época castrexa, onde na zona habia un castro como demostran novas escavacións na base dunha das torres. Máis tarde, en época romana tamén oubo edificacións dunhas torres o parecer chamadas "Turris Augusti", para posteriormente entorno o século X ser reforzadas para combatelos saqueadores normandos. Trala morte nese século do bispo-guerreiro Sisnacio de Iria Flavia moi preto delas, morto ante os vikingos no intento de frealos a que non se adentrasen en terras do interior cara Compostela, seus sucesores trataron de reforzalas para unha mellor defensa no tramo da ría de Arousa a Santiago.
Nos seguintes séculos XI e XII os bispos sucesores de Sisnacio, sobre todo no XI Crésconio fai importantes reformas e fortalece moito máis as Torres ante a perigosa ameaza das costas polas xentes escandinavas. Máis tarde no XII remata as obras o famoso bispo de Compostelán Diego Xélmirez, co cal o recinto e un impresionante bastión que conta con sete torres amuralladas e unha capela que aínda se conserva a día de hoxe. Nesa época formaban parte dunha gran fortificación da Ría de Arousa xunto a outras torres como as da Lanzada ou a de San Sadurniño.
Pero apartires do siglo XV comeza a súa decadencia e abandono, no XVI ata derrumbanse gran parte delas.
A día de hoxe conservase parte da estrutura de dúas torres, e outra terceira máis deteriorada. Tamén se conserva a capela de Xélmirez, asi como resto dos foxos e murallas o redor do recinto.
Pero no primeiro domingo de agosto estas torres reviven nunha das máis fermosas romarías da Galiza, tratase do desembarco vikingo de Catoira. Nesta romaría as torres voltan ser coñecidas co emblematico nome de "Castellum Honesti" e os veciños de Catoira, vestidos como os antigos normandos é en barcos replicas dos antigos mariñeiros do norte, desembarcan na beira das torres e saquean os seus redores, en homenaxe as antigas expedicións normandas contra as costas galegas.
Restos de vivendas castrexas baixo os cimentos de unha torre.
A día de hoxe conservase parte da estrutura de dúas torres, e outra terceira máis deteriorada. Tamén se conserva a capela de Xélmirez, asi como resto dos foxos e murallas o redor do recinto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)