
A fervenza do Xallas e das únicas da Europa onde o río termina seu cauce directamente en forma de cascada no mar. Tratase seguramente da fervenza máis impresionante da Europa e nunha das formas naturais máis espectaculares da Galiza onde o Río Xallas desemboca na Costa da Morte formando un pequeño estuario.
Vista a desembocadura do Xallas na Costa da Monte en ÉzaroA desembocadura atopase no concello de Dumbría (bisbarra de Fisterra), máis exactamente na localidade costeira de Ézaro, na provincia da Coruña. Por desgraza a impoñente cascada vese afectada gravemente polo encoro de Santa Uxía que se atopa a tan só 1,5 río arriba. Isto fai que o río leve o seu tramo final case seco, desaparecendo asi prácticamente a fermosa fervenza e incumplindo asi gravemente a lei fluvial galega.
Presa da Santa Uxía danando a ferveza gravemente vista dende o mirador.E tan só os domingos cando a presa abre as comportas e a pánoramica voltase incrible, co impoñente e pedroso Monte Pindo os pés do Atlántico, atravesado pola bravas augas do Xallas que caen dende unha altura abrupta no estuario que da súas augas directamente o Océano Atlántico.

Mesmo que o extraordinario acontecemento natural que se produce por enriba de Ézaro e digno da terra dos deuses, cando un situase no alto mirador dende onde se ve toda a desmbocadura do Xallas o recorre un sentimento de tristura o mesmo tempo, pois dende ali tamén se ve o encoro de Santa Uxia danando a incrible paisaxe e seu entorno, un verdadeiro atentado…

Para chegar a este fermoso enclave natural da Galiza e moi doado, pois atopase entre as poboación de Carnota e Cee pola estrada AC-550 a altura da localidade de Ézaro (Dumbria).
No hay comentarios:
Publicar un comentario