miércoles, 4 de enero de 2012

Antiga Gallaecia: As Torres do Oeste

As Torres do Oeste nos chegan a día de hoxe como os restos dun sistema defensivo medieval situadas no fondo da ría de Arousa na desembocadura do Ulla, no concello de Catoira, provincia de Pontevedra.
As torres serviron de defensa contra a pirateria vikinga, xa que estes a partires do século IX acosaban a costa galega, é ameazaban con retornar o Río Ulla para asi logo atacar e saquear a sede episcopal de Iria Flavia (Padrón) e Santiago. Estas xentes de orixe escandinavo eran coñecidos na Idade Media como normandos (xente do norte), é buscaban atacar para saquear importantes templos da igrexa, pois tiñan moitas riquezas e atopabanse mal defendidos.
O orixe deste recinto arqueolóxico ben de época castrexa, onde na zona habia un castro como demostran novas escavacións na base dunha das torres. Máis tarde, en época romana tamén oubo edificacións dunhas torres o parecer chamadas "Turris Augusti", para posteriormente entorno o século X ser reforzadas para combatelos saqueadores normandos. Trala morte nese século do bispo-guerreiro Sisnacio de Iria Flavia moi preto delas, morto ante os vikingos no intento de frealos a que non se adentrasen en terras do interior cara Compostela, seus sucesores trataron de reforzalas para unha mellor defensa no tramo da ría de Arousa a Santiago.
Nos seguintes séculos XI e XII os bispos sucesores de Sisnacio, sobre todo no XI Crésconio fai importantes reformas e fortalece moito máis as Torres ante a perigosa ameaza das costas polas xentes escandinavas. Máis tarde no XII remata as obras o famoso bispo de Compostelán Diego Xélmirez, co cal o recinto e un impresionante bastión que conta con sete torres amuralladas e unha capela que aínda se conserva a día de hoxe. Nesa época formaban parte dunha gran fortificación da Ría de Arousa xunto a outras torres como as da Lanzada ou a de San Sadurniño.
Pero apartires do siglo XV comeza a súa decadencia e abandono, no XVI ata derrumbanse gran parte delas.
A día de hoxe conservase parte da estrutura de dúas torres, e outra terceira máis deteriorada. Tamén se conserva a capela de Xélmirez, asi como resto dos foxos e murallas o redor do recinto.
Pero no primeiro domingo de agosto estas torres reviven nunha das máis fermosas romarías da Galiza, tratase do desembarco vikingo de Catoira. Nesta romaría as torres voltan ser coñecidas co emblematico nome de "Castellum Honesti" e os veciños de Catoira, vestidos como os antigos normandos é en barcos replicas dos antigos mariñeiros do norte, desembarcan na beira das torres e saquean os seus redores, en homenaxe as antigas expedicións normandas contra as costas galegas.
Restos de vivendas castrexas baixo os cimentos de unha torre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario