A praia das Catedrais e un monumento Natural da Galiza ademáis dun dos lares máis fermosos e paradisiacos da Galiza. Situadase na parroquia de A Devesa, no concello de Ribadeo (Lugo), polo que pertence a costa lucense bañada polo Cantábrico.
Seu nome real e praia de Augas Santas, e ten como maior característica que cando baixa a marea da á descubrir un verdadeiro encanto formado por covas, algunhas con grandes arcos, surcos e pequenas illas separadas o longo da praia de finas areas e augas cristalinas, delimitada e fortemente separada por grandes precipicios e paredes das terras do interior.
E incrible ver tamén coa marea baixa a acción erosiva da mar nos pronunciados acantilados da praia, na cal se poden ver covas mariñas de gran recorrido, surcos e rachaduras nos pesados pedrascos de pizarra.
Coas "mareas vivas" podese chegar a praias veciñas camiñando observando un incribel contorno realizado pola erosión grazas o vento e a auga salada. Mesmo asi devese ter moita precaución, posto que cando sube a marea coa pleamar a praia quedase practicamente cuberta polas augas cantábricas.
Este é un punto na actualidade moi turístico da Galiza Cantábrica, o mesmo tempo que parada obrigatoria se un pasa pola zona algunha vez, pois se un achegase as Catedrais, observa seu característico e fermoso contorno e de seguro que algún día repetira a esperienza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario